miércoles, 17 de octubre de 2012

¡QUE EMPECE O XOGO!

Ola a todos/as. Un ano máis poñemos en marcha o blog de Tecnoloxías do IES A SANGRIÑA para que os alumnos poidan publicar os seus traballos ou simplemente saudar, e ter así, unha experiencia na publicación de contidos na web.
Podedes participar todos. Para facelo so tedes que solicitar unha invitación de Antonio Lomba. ¡Solicita a túa!
Por certo, cada ano un alumno/a leva a administración da páxina. Este ano aínda non temos administrador. Anímate a ser o Xefe.

Para empezar dando ambiente propóñovos unha actividade. A imaxe que vedes máis abaixo é dun faro que se atopa a menos de 100 km da Guarda. ¿De que faro se trata? Se o sabes envíame un correo electrónico coa resposta, terás dereito a dous positivos (dúas décimas na nota da avaliación).

Faro
Felicidades a Diego Rodríguez Acevedo por ser o primeiro en enviar a resposta correcta. Trátase do faro de Montedor, en Portugal. Podedes ver a súa luz calquera noite dende o Monte ou dende a zona do puntal.
Estade atentos. Pronto haberá outra actividade de investigación.

5 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Este é o faro de "M". Foi acabado de construir o 20 de marzo de 1910

    P.D.: Non sei que é o que pasa que non me deixa entrar na Aula Virtual, por iso escribo aquí. É por iso tamén que non puxen o nome jaja

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Síntollo Eric. Diego Rodríguez Acevedo é o gañador da actividade. Foi o primeiro en enviar a resposta correcta.

    ResponderEliminar
  4. E non será porque a enviou desde o seu móvil co seu internet móvil? Eu vexo un pouco inxusto isto, deberías por unha veda de hora ou anunciar a publicación dunha pregunta na clase a tal hora antes de publicar este tipo de preguntas premiadas.

    ResponderEliminar
  5. Non hai inxustiza. Chegou antes que ninguén coa resposta correcta e xa está. De calquera maneira depuraremos o sistema para intentar que máis alumnos teñan oportunidade de xogar e gañar.

    ResponderEliminar