miércoles, 24 de octubre de 2012

A Importancia de aforrar enerxía


A enerxía é un dos bens máis prezados posto que aumenta a nosa calidade de vida. Sen embargo, ademais de ter que pagar por consumila, a producción desta, na maioría dos casos, non é a partir de enerxías renobables senón que se produce coa queima de combustibles fósiles ou con reaccions de productos tóxicos como o plutonio, e isto repercute no medio que nos rodea.
Para evitar isto, a continuación vos presentamos unha serie de medidas para aforrar enerxía que todos podemos levar acabo sen disminuir a nosa calidade de vida. Algunhas podémolas comezar á levar acabo desde xa, outras supoñen unha inversión que porsuposto á larga recupérase co que se aforra. Estas son algunhas ideas, pero anímovos a deixar as vosas formas de aforrar nos comentarios, e as máis interesantes serán adxuntadas á lista en futuras revisións para así concienciarnos da importancia de aforrar enerxía con pequenos xestos.
  • Colocar placas solares térmicas para quentar a auga.
  • Fiestras de dobre cristal para que non se escape calor.
  • Aproveitar o calor da cheminea para quentar auga e ter calor por toda a casa.
  • Utilizar a bicicleta para traxectos curtos.
  • Apagar os “stand by” dos aparellos electrónicos
  • Desenchufar os cargadores dos móbiles cando están totalmente cargados.
  • Apagar as luces aínda que volvamos en pouco tempo.
  • Usar transporte público.
  • Programar a calefacción nunha temperatura adecuada entre 18-20 ºC.
  • Cerrar o grifo cando non estamos usando a auga.(por exemplo, mentres lavamos os dentes)
  • Ventilar a casa solo o tempo necesario.
  • Non deixar abertas as fiestras ca calefacción acesa.
  • Orientar de forma correcta a casa para aproveitar o calor e luz solar.
  • Ir á neveira ca idea en mente do que imos coller.
  • Abrir as persianas para aproveitar a luz solar en vez de acender as luces ao levantarnos.
  • Usar detectores de movemento nos edificios para acender as luces.
  • Usar lámpadas de baixo consumo e LED.
  • Colocar placas solares fotovoltaicas para autoabastecerse.
  • Usar electrodomésticos de alto rendemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario