viernes, 15 de marzo de 2013

Proxecto motor Stirling




Vou a intentar facer un motor Stirling caseiro, e se me sae ben, ensinareino na clase.
Explicación:
                O motor Stirling foi creado por Robert Stirling en 1816 como unha alternativa a máquina de vapor. O seu funcionamento baséase na contracción e expansión dun gas (neste caso aire) mediante diferenzas de temperatura que se poden conseguir das maneiras mais diversas (enerxía solar, combustibles, biomasa, xeotérmica, xeo, auga fría, auga quente, etc.)
                Os motores Stirling teñen pouca potencia, pero moita eficiencia, de feito, é o único motor capaz de conseguir teoricamente o máximo rendemento teórico coñecido, o rendemento de Carnot, con velocidade e potencia baixas.
Tipos:

  • Motor tipo “Alfa” (imaxen 1): Conta con dous cilindros, un para o foco quente e outro para o frío, conectados por un tubo.



  • Motor tipo “Beta” (imaxen 2): Ten un só cilindro para os dous focos de temperatura. Este é o motor orixinal que inventou Robert Stirling. É o mais complexo de todos.


  • Motor tipo “Gamma” (imaxen 3): É similar ao tipo Beta pero con un mecanismo mais sinxelo e unha potencia inferior. Este é o tipo que vou intentar facer eu.








1                                                                        2
                                                      










  
 3

O motor que vou intentar facer eu parécese mais a este:

 













Video do montaxe: