domingo, 3 de marzo de 2013

Nota Informativa (Axudas para o programa "Campus Científicos de Verán")

"Campus Científicos de Verán" para alumnado de ensinanza secundaria e bacharelato durante o ano 2013
BOE


Convócanse 1.808 axudas en réxime de concorrencia competitiva para participar no ano 2013 no Programa "Campus Científicos de Verán" para alumnado que se encontre cursando no ano académico 2012/2013, 4º de ESO ou 1º de Bacharelato das áreas científicas e/ou tecnolóxica en centros docentes españois, e ademais que cumpra as seguintes características:

  • Nados con posterioridade ao 31 de decembro de 1995
  • Non sexan adxudicatarios de axuda na edición anterior deste Programa
  • Que teñan unha nota media no curso escolar 2011/2012 igual ou superior a 7,50 puntos
  • Superar, cunha nota mínima de 5 sobre 10, unha proba de coñecementos de resposta alternativa que se realizará a través de internet
Os campus terán lugar do 30 de xuño ao 27 de xullo de 2013, en catro quenda de 7 días de duración cada un, segundo as seguintes datas:
  • Primeira quenda de 1º de Bacharelato: do 30 de xuño ao 6 de xullo
  • Segunda quenda de 1º de Bacharelato: do 7 ao 13 de xullo
  • Primeira quenda de 4º de ESO: do 14 ao 20 de xullo
  • Segunda quenda de 4º de ESO: do 21 ao 27 de xullo
Desenvolveranse en institutos e/ou departamentos de investigación adscritos aos Campus de Excelencia Internacional (CEI) uo Rexional (CER), nas seguintes universidades: Autónoma de Madrid, Carlos III, Extremadura, Granada, Jaén, As Palmas, Murcia, Oviedo, País Vasco, Politécnica de CAtaluña, Rovira i Virgili, Salamanca, Santiago de Compostela, Sevilla, Valencia e Vigo.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no "Boletín Oficial do Estado".

No hay comentarios:

Publicar un comentario