sábado, 24 de noviembre de 2012

“A Bruxa”, o ordenador dixital máis antigo do mundo, volve a vida.



Peza central do programa nuclear británico, foi o primeiro ordenador dixital do mundo, unha máquina de máis de dúas toneladas bautizada como 'The Witch' (A Bruxa), volveu a pórse en marcha no Reino Unido, onde será exposto como peza de museo tras unha reparación de tres anos.
Nos anos cincuenta, durante os seus días de gloria, "A Bruxa", cuxa construción iniciouse en 1949, foi a peza central do programa británico de Investigación de Enerxía Atómica. A súa misión era facilitar o traballo dos científicos realizando de forma electrónica operacións matemáticas que ata entón debían facerse mediante simples calculadoras.
Pese ó lento dos seus primeiros traballos (tardaba dez segundos en multiplicar dous números) pronto converteuse nunha peza indispensable e chegou a ser utilizada oitenta horas semanais, un récord para a época.
Cando en 1957 foi superada por ordenadores máis rápidos e pequenos, trasladouse actual Universidade de Wolverhampton, onde serviu para ensinar a programar aos primeiros alumnos de informática.
O equipo encargado da restauración traballou durante tres anos para poñer en marcha “A Bruxa” conseguindo salvar 1390 pezas orixinais.

lunes, 19 de noviembre de 2012

Medidor da Resistencia dos Resistores (ResistColours v1.1)

Con este programa poderás averiguar en menos de 10 segundos o valor de calquera resistencia. Solo tes que introducir as cores correspondentes e facer click en Calcular e ao instante obtés o valor en Ohmios, Kiloohmios e Miliohmios. 

sábado, 17 de noviembre de 2012

A Educación Prohibida

Hai outras formas de ver o mundo e por suposto a educación. Moitas veces me fago a mesma pregunta. ¿Temos a mellor educación que podemos ter? Deixovos o trailer dun vídeo para a reflexión.


martes, 13 de noviembre de 2012

As Minas mais profundas do mundo.

A continuación adxunto unha gráfica das minas e pozos mais profundos do mundo en relación a Torre Eiffel.


Torre Eiffel A torre Eiffel foi construida no ano 1889 polo arquitecto Gustave Eiffel. Cunha altura de 300 metros, prolongada mais tarde cunha antena a 325 metros, a Torre Eiffel foi a estrutura mais elevada do mundo durante mais de 40 anos, ata que a superou o edificio Chrysler, de Nova York, en 1930.
Tau tona Tau Tona a cidade do ouro. Tau tona foi construida en carton ville, Sudáfrica. Co obxetivo de explotar o mineral de ouro que se encontraba debaixo do pobo. Construiuse ademais unha torre na entrada da mina co fin de facer debaixo a estructura ca que se procederia a descender ao lugar que conten o ouro.
Chuquicamata Chuquicamata trátase dunha das maiores minas de ouro e cobre xamais construidas a ceo aberto. Encóntrase en Chile, a 15 km ao norte de Calama, e a 245 km de Antofagasta na Rexión de Antofagasta. Posue unha profundidade de 1250 metros.
Mina de Bingham É unha mina a ceo aberto de cobre. Encóntrase ao suroeste de Salt Lake City, Utah en Estados Unidos, nos montes Oquirrh. É a segunda mina a ceo aberto mais grande do mundo despois da de Chuquicamata
Mina de Kimberley Mellor conocida de forma simple como “O Gran Hoyo” encontrase en Suráfrica. A mina de Kimberley foi a mina mais grande do mundo excavada polo ser humano entre 1872 e 1914. É unha das maiores explotacións de diamantes do mundo.
Mina de Mirny Tamén chamada mina de mir, é a segunda explotación de diamantes mais grande do mundo despois da de Kimberley. Encontrase en Yakutia,Siberia, Rusia. A mina foi descuberta o 13 de Xuño de 1955 por uns xeólogos soviéticos. A partir de aí a cidade de Mirny (da cal proven o nome da mina) impulsouse economicamente grazas a actividade mineira.
Pozo SG-3 O pozo SG-3 (12.262 m.) - Pozo Superprofundo de Kola - É o pozo mais profundo perforado hata a actualidade na terra, realizado co obxetivo de coñecer a Corteza Continental profunda … localizado na área de Pechenga-Zapolyarny, Península de Kola (Rusia).

viernes, 9 de noviembre de 2012

Os decibelios



   El decibelio (dB) es una unidad relativa, creada por Alexander Graham Bell, que mide la intensidad de sonido con respecto al umbral de audición del ser humano (0db), por eso existen decibelios negativos  que no escuchamos pero muchos animales si pueden.
   Los decibelios son unidades logarítmicas que proceden de los Belios (B) 1B=10db. Que sean logarítmicas quiere decir que 2 belios son 10 veces más potentes que 1 belio, por lo tanto 30 dB son 10 veces más potentes que 20dB y 100 veces más potentes que 10dB (imagen 1)
   Curiosidades:
                Los decibelios se utilizan en las etiquetas  de los electrodomésticos para indicar la cantidad de ruido que producen (imagen 2).
                El ser humano es capaz de soportar sin dolor como máximo 140Db.
                Algunos ejemplos de la intensidad de ruido de algunos objetos(imagen3)



             


lunes, 29 de octubre de 2012

Máquina manual

Preséntase un novo reto. Neste caso trátase de identificar a máquina da fotografía.
Non convén, en vista da sagacidade dos investigadores participantes, dar demasiadas pistas. Simplemente dicir que estas máquinas non se usaban en fábricas, senón máis ben, en negocios onde se atendía directamente ao público. Non é unha máquina de gran tamaño e, como reza o titulo do artigo, era de accionamento manual. Ánimo e sorte. Xa sabedes, a resposta hai que indicala nos comentarios. 
maquina manual 1

miércoles, 24 de octubre de 2012

A Importancia de aforrar enerxía


A enerxía é un dos bens máis prezados posto que aumenta a nosa calidade de vida. Sen embargo, ademais de ter que pagar por consumila, a producción desta, na maioría dos casos, non é a partir de enerxías renobables senón que se produce coa queima de combustibles fósiles ou con reaccions de productos tóxicos como o plutonio, e isto repercute no medio que nos rodea.
Para evitar isto, a continuación vos presentamos unha serie de medidas para aforrar enerxía que todos podemos levar acabo sen disminuir a nosa calidade de vida. Algunhas podémolas comezar á levar acabo desde xa, outras supoñen unha inversión que porsuposto á larga recupérase co que se aforra. Estas son algunhas ideas, pero anímovos a deixar as vosas formas de aforrar nos comentarios, e as máis interesantes serán adxuntadas á lista en futuras revisións para así concienciarnos da importancia de aforrar enerxía con pequenos xestos.
  • Colocar placas solares térmicas para quentar a auga.
  • Fiestras de dobre cristal para que non se escape calor.
  • Aproveitar o calor da cheminea para quentar auga e ter calor por toda a casa.
  • Utilizar a bicicleta para traxectos curtos.
  • Apagar os “stand by” dos aparellos electrónicos
  • Desenchufar os cargadores dos móbiles cando están totalmente cargados.
  • Apagar as luces aínda que volvamos en pouco tempo.
  • Usar transporte público.
  • Programar a calefacción nunha temperatura adecuada entre 18-20 ºC.
  • Cerrar o grifo cando non estamos usando a auga.(por exemplo, mentres lavamos os dentes)
  • Ventilar a casa solo o tempo necesario.
  • Non deixar abertas as fiestras ca calefacción acesa.
  • Orientar de forma correcta a casa para aproveitar o calor e luz solar.
  • Ir á neveira ca idea en mente do que imos coller.
  • Abrir as persianas para aproveitar a luz solar en vez de acender as luces ao levantarnos.
  • Usar detectores de movemento nos edificios para acender as luces.
  • Usar lámpadas de baixo consumo e LED.
  • Colocar placas solares fotovoltaicas para autoabastecerse.
  • Usar electrodomésticos de alto rendemento.

domingo, 21 de octubre de 2012

Máquina preindustrial

A máquina que aparece na imaxe, aínda que vós non a recoñezades, foi moi común noutras épocas. Había destas máquinas por todas as aldeas, vilas e cidades, incluso algúns lugares quedaron co nome da mencionada máquina, ben en castelán ou na súa acepción francesa. Era tan comúns como o traballo que desempeñaban.
A fotografía foi tomada en Galicia, nun dos moitos lugares nos que se restauraron para que nos puideramos coñecer como se vivía no noso pasado.
Tedes que investigar de que máquina se trata e responder as seguintes cuestións.
  • ¿Que nome recibe a máquina? (+1)
  • ¿Para que se utilizaba? (+1)
  • No libro "Don Quijote de la Mancha" faise referencia a máquina da que falamos, dando nome a unha das aventuras dos seus protagonistas. Cita o fragmento no que se fai referencia a mencionada máquina (+1)

    máquina preindustrial

jueves, 18 de octubre de 2012

O cadro eléctrico

O cadro eléctrico:

Este cadro eléctrico é un dos tres cadros que hai na miña vivenda unifamiliar. A casa está situada en A Gándara, A Guarda.

O cadro está composto por:

- Interruptor de control de potencia (ICP): ten a función de limitar o consumo total máximo da vivenda.

- Interruptor general automático (IGA): consiste en vixilar a intensidade que circula polos circuitos da vivienda e que non sobrepase un determinado valor.

- Interruptor diferencial (ID): encárgase da protección das persoas cortando automaticamente o suministro en caso de problemas na instalación e evitar así danos ou electrocutacións. Ten unha sensibilidade de 0,03A

- Botón do ID: Ten a finalidade de comprobar o funcionamento do ID.

- Pequeños interruptores automáticos (PIAs): controlan un determinado circuito da vivenda limitando a intensidade. 

Neste cadro eléctrico hai diversos PIAs:

- P.I.A. (a) : interruptor encargado do forno da cociña.
- P.I.A. (b) : interruptor encargado da lavadora
- P.I.A. (c) : interruptor encargado do lavapratos
- P.I.A. (d) : interruptor de forza. Controla as tomas de corrente que están repartidas pola vivenda.
- P.I.A. (e) : interruptor de alumbrado. Leva a electricidade aos aparellos de alumbrado.

miércoles, 17 de octubre de 2012

¡QUE EMPECE O XOGO!

Ola a todos/as. Un ano máis poñemos en marcha o blog de Tecnoloxías do IES A SANGRIÑA para que os alumnos poidan publicar os seus traballos ou simplemente saudar, e ter así, unha experiencia na publicación de contidos na web.
Podedes participar todos. Para facelo so tedes que solicitar unha invitación de Antonio Lomba. ¡Solicita a túa!
Por certo, cada ano un alumno/a leva a administración da páxina. Este ano aínda non temos administrador. Anímate a ser o Xefe.

Para empezar dando ambiente propóñovos unha actividade. A imaxe que vedes máis abaixo é dun faro que se atopa a menos de 100 km da Guarda. ¿De que faro se trata? Se o sabes envíame un correo electrónico coa resposta, terás dereito a dous positivos (dúas décimas na nota da avaliación).

Faro
Felicidades a Diego Rodríguez Acevedo por ser o primeiro en enviar a resposta correcta. Trátase do faro de Montedor, en Portugal. Podedes ver a súa luz calquera noite dende o Monte ou dende a zona do puntal.
Estade atentos. Pronto haberá outra actividade de investigación.