sábado, 24 de noviembre de 2012

“A Bruxa”, o ordenador dixital máis antigo do mundo, volve a vida.



Peza central do programa nuclear británico, foi o primeiro ordenador dixital do mundo, unha máquina de máis de dúas toneladas bautizada como 'The Witch' (A Bruxa), volveu a pórse en marcha no Reino Unido, onde será exposto como peza de museo tras unha reparación de tres anos.
Nos anos cincuenta, durante os seus días de gloria, "A Bruxa", cuxa construción iniciouse en 1949, foi a peza central do programa británico de Investigación de Enerxía Atómica. A súa misión era facilitar o traballo dos científicos realizando de forma electrónica operacións matemáticas que ata entón debían facerse mediante simples calculadoras.
Pese ó lento dos seus primeiros traballos (tardaba dez segundos en multiplicar dous números) pronto converteuse nunha peza indispensable e chegou a ser utilizada oitenta horas semanais, un récord para a época.
Cando en 1957 foi superada por ordenadores máis rápidos e pequenos, trasladouse actual Universidade de Wolverhampton, onde serviu para ensinar a programar aos primeiros alumnos de informática.
O equipo encargado da restauración traballou durante tres anos para poñer en marcha “A Bruxa” conseguindo salvar 1390 pezas orixinais.

1 comentario: