domingo, 21 de octubre de 2012

Máquina preindustrial

A máquina que aparece na imaxe, aínda que vós non a recoñezades, foi moi común noutras épocas. Había destas máquinas por todas as aldeas, vilas e cidades, incluso algúns lugares quedaron co nome da mencionada máquina, ben en castelán ou na súa acepción francesa. Era tan comúns como o traballo que desempeñaban.
A fotografía foi tomada en Galicia, nun dos moitos lugares nos que se restauraron para que nos puideramos coñecer como se vivía no noso pasado.
Tedes que investigar de que máquina se trata e responder as seguintes cuestións.
  • ¿Que nome recibe a máquina? (+1)
  • ¿Para que se utilizaba? (+1)
  • No libro "Don Quijote de la Mancha" faise referencia a máquina da que falamos, dando nome a unha das aventuras dos seus protagonistas. Cita o fragmento no que se fai referencia a mencionada máquina (+1)

    máquina preindustrial

3 comentarios:

  1. -A máquina chámase batán
    -Utilizábase para compactar tecidos, utilizando a forza dunha roda hidráulica.
    -Os batáns aparecen no Quijote no capítulo 20, que se pode ler aquí: http://www.elmundo.es/quijote/capitulo.html?cual=20

    ResponderEliminar
  2. Felicidades Julián. Xa nos contarás como fixeches para recoñecer a máquina. Es o gañador desta actividade de investigación, como premio correspóndenche 3 puntos positivos.

    ResponderEliminar
  3. De el Qujote. La aventura de los Batanes (capítulo XX)
    ...Alborotóse Rocinante con el estruendo del agua y de los golpes...y eran (si no lo has, ó lector, por pesadumbre y enojo) seis mazos de batan, que con sus alternativos golpes aquel estruendo formaban...

    ResponderEliminar