lunes, 29 de octubre de 2012

Máquina manual

Preséntase un novo reto. Neste caso trátase de identificar a máquina da fotografía.
Non convén, en vista da sagacidade dos investigadores participantes, dar demasiadas pistas. Simplemente dicir que estas máquinas non se usaban en fábricas, senón máis ben, en negocios onde se atendía directamente ao público. Non é unha máquina de gran tamaño e, como reza o titulo do artigo, era de accionamento manual. Ánimo e sorte. Xa sabedes, a resposta hai que indicala nos comentarios. 
maquina manual 1

11 comentarios:

  1. É unha bascula que cumpre a función de pesar e de moer cafe.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non Fabián, non é esa máquina que dis, de momento non podo dar máis pistas, así que hai que seguir investigando.

      Eliminar
  2. Trátase dunha máquina de liar cigarrillos

    ResponderEliminar
  3. Ademais, é unha maquina de liar cigarrillos "victoria"

    ResponderEliminar
  4. Xa temos gañadora. Felicidades Irene (por certo estiven correxindo o teu post, tiña a letra moi pequena). Efectivamente é unha máquina de liar cigarros, e a marca é VICTORIA (as letras V....A, do logotipo eran a única pista). Morremos de ganas de que nos digas como o soupéches. Xa podías poñelo nos comentarios.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A súa forma fíxome pensar que se trataba dunha prensadora ou dalgo semellante, e tras un rato buscando din con esta máquina.

      Eliminar
  5. Joo! Hace un rato ya que pensé que era eso, pero no estaba muy segura. Que pena! :/

    ResponderEliminar
  6. Pois Alicia, para a próxima hai que arriscar.

    ResponderEliminar
  7. Co de arriscar queres dicir que como respondas mal acabouse? É dicir, só podes responder unha vez?

    ResponderEliminar
  8. Non, claro que non, co de arriscar refírome a que alumnas como Alicia arriscan o seu prestixio...jeje

    ResponderEliminar
  9. Vou ter que empezar a participar nisto.

    ResponderEliminar