martes, 14 de mayo de 2013

Motor Stirling. Por Jorge Piedra

O alumno de 1º de bacharelato Jorge Piedra Dorado construiu un motor Stirling durante as pasadas vacacións de Semana Santa. Antes disto xa publicara un artigo para que coñecéramos algo sobre este tipo de motores.
Os alumnos de 2º ESO, Manu, Aurora e Mamen fixéronlle unha estrevista en relación a este traballo. Agora podemos ver o vídeo do motor de Jorge funcionando e coñecer un pouco máis do seu traballo grazas a entrevista.


1.Por que fixeches o motor?
  Porque me apetecía e para mellorar a nota de tecnoloxía.

2.Que materiais utilizaches?
  Unha lata, un CD, madeira de Balsa, contrachapado,unha vela e unha luva.

3.Cuanto tardaste en facelo e cando o fixéches?
  Unha semana. Fíxeno durante as vacacións de Semana Santa.

5.Axudouche alguén a facelo?
  Axudoume un pouco meu pai.

6.Como funciona?
  Funciona pola expansión e contracción do air ao quentarse e enfriarse. Quéntase cunha vela e ao expandirse enfríase.

7.Cantos cartos che costou facelo?
  Case tódolos materiais son reciclados ou conseguinos por ahí, solo gastei unhs 50 céntimos.

8.Como decidiches facelo?
  Tiña interese no tema e buscando información atopei un video por internet que me gustou. Aínda que a persoa que o fixera era un inglés, decidín enviarlle un correo para pedirlle os  planos, ao que accedeu amablemente.

Vídeo do proxecto finalizado:

No hay comentarios:

Publicar un comentario