Ola a todos/as. Un ano máis poñemos en marcha o blog de Tecnoloxías do IES A SANGRIÑA para que os alumnos poidan publicar os seus traballos ou simplemente saudar, e ter así, unha experiencia na publicación de contidos na web.
Podedes participar todos. Para facelo so tedes que solicitar unha invitación de Antonio Lomba. ¡Solicita a túa!
Por certo, cada ano un alumno/a leva a administración da páxina. Este ano aínda non temos administrador. Anímate a ser o Xefe.
Para empezar dando ambiente propóñovos unha actividade. A imaxe que vedes máis abaixo é dun faro que se atopa a menos de 100 km da Guarda. ¿De que faro se trata? Se o sabes envíame un correo electrónico coa resposta, terás dereito a dous positivos (dúas décimas na nota da avaliación).
Estade atentos. Pronto haberá outra actividade de investigación.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarEste é o faro de "M". Foi acabado de construir o 20 de marzo de 1910
ResponderEliminarP.D.: Non sei que é o que pasa que non me deixa entrar na Aula Virtual, por iso escribo aquí. É por iso tamén que non puxen o nome jaja
Un saúdo.
Síntollo Eric. Diego Rodríguez Acevedo é o gañador da actividade. Foi o primeiro en enviar a resposta correcta.
ResponderEliminarE non será porque a enviou desde o seu móvil co seu internet móvil? Eu vexo un pouco inxusto isto, deberías por unha veda de hora ou anunciar a publicación dunha pregunta na clase a tal hora antes de publicar este tipo de preguntas premiadas.
ResponderEliminarNon hai inxustiza. Chegou antes que ninguén coa resposta correcta e xa está. De calquera maneira depuraremos o sistema para intentar que máis alumnos teñan oportunidade de xogar e gañar.
ResponderEliminar