A enerxía é un dos bens máis prezados posto que aumenta a nosa calidade de vida. Sen embargo, ademais de ter que pagar por consumila, a producción desta, na maioría dos casos, non é a partir de enerxías renobables senón que se produce coa queima de combustibles fósiles ou con reaccions de productos tóxicos como o plutonio, e isto repercute no medio que nos rodea.
Para evitar isto, a continuación vos presentamos unha serie de medidas para aforrar enerxía que todos podemos levar acabo sen disminuir a nosa calidade de vida. Algunhas podémolas comezar á levar acabo desde xa, outras supoñen unha inversión que porsuposto á larga recupérase co que se aforra. Estas son algunhas ideas, pero anímovos a deixar as vosas formas de aforrar nos comentarios, e as máis interesantes serán adxuntadas á lista en futuras revisións para así concienciarnos da importancia de aforrar enerxía con pequenos xestos.
- Colocar placas solares térmicas para quentar a auga.
- Fiestras de dobre cristal para que non se escape calor.
- Aproveitar o calor da cheminea para quentar auga e ter calor por toda a casa.
- Utilizar a bicicleta para traxectos curtos.
- Apagar os “stand by” dos aparellos electrónicos
- Desenchufar os cargadores dos móbiles cando están totalmente cargados.
- Apagar as luces aínda que volvamos en pouco tempo.
- Usar transporte público.
- Programar a calefacción nunha temperatura adecuada entre 18-20 ºC.
- Cerrar o grifo cando non estamos usando a auga.(por exemplo, mentres lavamos os dentes)
- Ventilar a casa solo o tempo necesario.
- Non deixar abertas as fiestras ca calefacción acesa.
- Orientar de forma correcta a casa para aproveitar o calor e luz solar.
- Ir á neveira ca idea en mente do que imos coller.
- Abrir as persianas para aproveitar a luz solar en vez de acender as luces ao levantarnos.
- Usar detectores de movemento nos edificios para acender as luces.
- Usar lámpadas de baixo consumo e LED.
- Colocar placas solares fotovoltaicas para autoabastecerse.
- Usar electrodomésticos de alto rendemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario